¿Que facemos? É unha boa pregunta porque non paramos sempre estamos argallando como gozar do tempo.
Organizámonos por programas son os seguintes:
Programa “CreArte” : O obxectivo principal deste programa é que practiquemos habilidades sociais, manuais, psicomotoras e creativas. ¿ Como o facemos? Pois mediante obradoiros de atrezzo, creatividade, coiro, xabóns... Non se nos resiste ningún material.
Programa “Ecosaúde”: Tod@s coñecemos a importancia de coidar a saúde, nos intentamos estar en forma practicando ximnasia,
aprendendo receitas saudables e xestionando as emocións.
Practicamos a saúde integral; corpo e mente.
Programa “O Universo das TIC´s” O obxectivo desta actividade é facilitar o uso, manexo e comprensión das novas tecnoloxías. Nela, aprendemos a navegamos por internet de forma segura e crítica, divertímonos con xogos educativos e ademais colaboramos na actualización do Facebook da Asociación e neste blog.
Programa “ASPAMSIM en escena” O teatro e unha das nosas actividades preferidas, permítenos traballar a intelixencia emocional, a comunicación, o traballo en equipo e a expresión corporal e artística. E tamén nos da a oportunidade de amosar a comunidade o nosa esencia cando subimos o escenario.
Actividades de ocio e tempo libre: Non nos perdemos ningunha oportunidade, de festexar... o Magosto, o Samaín, o Nadal, San Valentín, o Entroido ...toda celebración cultural que se preste.
Comentarios