Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2015

Debuxos de PACO ONIX

En ASPAMSIM temos a grandes artistas, entre eles Paco Onix, do que vos presentamos algunhas das súas obras:  A maior parte delas son representacións dos seus soños: Temos esta obra que representa un felino pracidamente durmido, ou estara soñando. Este é un tiburón negro e gris conxelado no xeo. Este cadro tamén vén dun soño: é un país de pintores cheo de cores, de tipos de letras e coloreado con rotuladores. “Gústame debuxar cada día, especialmente paisaxes de Cangas e da comarca do Morrazo como esta da ría de Vigo indo para as Cies”