Ola amigas e amigos,
Xa fai uns días dende a última entrada, e preguntámonos como
levades o tema das cicloxenesis explosivas, ¡Con paciencia, non!, non queda
outra, o bo e que podemos aproveitar o
tempo para escoitar a radio e como lembrades hoxe Dia 13 de Febreiro conmemorase a Dia Mundial da Radio, e nos sumámonos a este festexo.
Andamos buscando información sobre o porque de este festexo e a verdade e que nos atopamos cun motón de datos, pero o mais interesante foi descubrir que é o medio de comunicación máis estendido e usado no mundo un 98% da poboación mundial ten acceso a radio,feito que non sucede nin coa televisión, nin con Internet aínda que parezca raro para uns navegantes como nos.
A Unesco conmemora o Dia Mundial da Radio porque historicamente e na actualidade é un medio que pode ser usado para concienciarnos e sensibilizarnos sobre a importancia da paz, a solidariedade entre culturas, a necesidade da educación baseada na igualdade de oportunidades, SI TAMÉN para nos as persoas con discapacidade que o chegar os 21 anos, se non antes, temos moi reducidas as opcións para seguir formándonos.
Pero non nos desviemos do tema que hoxe e un dia para
celebrar a existencia da radio e que mellor forma que escoitala, a nos encántanos a
música de feito e o uso que mais lle damos a radio, escoitamos distintas
emisoras, kiss, os 40, cadea dial, a cope, carrusel deportivo, e un largo etc.
para gustos colores.
Estes días estivemos moi ocupados: ensaiando para o teatro, isto da radio, mañan dia de San Valentin, co cal ocorréusenos suxerirvos cancións de amor, deixámosvos os enlaces dos videos máis votados en Aspamsim;
Estes días estivemos moi ocupados: ensaiando para o teatro, isto da radio, mañan dia de San Valentin, co cal ocorréusenos suxerirvos cancións de amor, deixámosvos os enlaces dos videos máis votados en Aspamsim;
- Pablo Alboran con "Te echado de menos":http://www.youtube.com/watch?v=cSUEFDZ3p3k&feature=kp
- Malu coa canción " Ahora TÚ" :http://www.youtube.com/watch?v=OBxPZ-bcjBE&feature=kp
- "Que bonita la vida" de Dani Martin:http://www.youtube.com/watch?v=NAHvn1BmJpE
- "Someone Like You" de Adelle: http://www.youtube.com/watch?v=hLQl3WQQoQ0&feature=kp
Ata a próxima entrada, que disfrutes do DIA MUNDIAL DA RADIO.
Comentarios