Ola a todos e todas
Nesta entrada encontraredes diferentes datas que festexar, en esta semana de Marzo que ven chea celebracións.
O 20 de Marzo as Nacions Unidas conmemoran O Día Internacional da Felicidade, ¡que boa idea verdade!.Un día para concienciarnos que a responsabilidade de ser felices e de cada un de nos.
E por isto que estivemos a falar do que nos fai sorrir, estes son algún dos feitos que nos fan felices.
En xeral a todos nos gusta estar cos amigos e amigas, e disfrutar con eles o tempo de lecer, por exemplo a Maria encantalle a informatica xogar coa Tablet e o ordenador, Antia faina feliz ir a piscina, a Paco gustalle pintar cadros e as motos, Raúl e un forofo do fútbol, a Silvia encantalle camiñar e escoitar música, canda un ten as suas preferecnias para ser feliz.
Nacións Unidas recórdalle os gobernos do mundo que a felicidade e o benestar da cidadanía debe ser un obxectivo primordial nas súas políticas e para conseguir ese obxectivo dinnos que temos que cambiar o modelo. O secretario xeral de Nacións Unidas o Sr. Ban-Ki-Moom dixo: "O mundo necesita un novo paradigma que recoñeza os tres piares do desenrolo sostible, o social o económico e o medio ambiental, xa que eses piares xuntos definen a felicidade global"
E leva razón o secretario das Nacións Unidas xa que o Benestar da sociedade, da cidadania e fundamental para ser felices, os cartos e a economía deberían propiciar as bases para poder vivir en harmonia e así ter tempo entusiasmo e dedicarnos o coidado do planeta do medioambiente, que por certo o 21 de Marzo celebramos o Dia Internacional dos Bosques.
E porqué un día para os bosques, pois porque é importantisimo que nos sensibilicemos, respectemos e fomentemos as funcións das arbores, estas soan as máis importantes:
- Purifican oaire
- Regulan a temperatura
- Protexen o chan
- Albergan os ecosistemas
- E teñen un pesos importante no eido económico.
Para finalizar vos contamos que o vindeiro dia 28 de marzo, nos plantaremos unha arbore no Eirado do Sinal.Pero que tipo de arbore, como o eliximos, onde o mercamos, que significado ten para nos, o deixamos para a próxima entrada.
Así que desexámosvos que fagades todo o posible para se felices tódolos dias e que respectedes e coidedes o magnifico entorno natural que temos no noso pobo.
BICOS!
Comentarios